Este ano, contamos cun fermoso intercambio no FESTIVAL KEROUAC VIGO: Coincidimos en datas co OBRADOIRO INTERNACIONAL DE TRADUCCIÓN POÉTICA, evento dirixido por Yolanda Castaño e que ten lugar na Illa de San Simón.

Alí desembarcan poetas de toda Europa coas suas traduccións, e a idea e que antes o fagan en Vigo, no noso Festival.

Organizaremos un recital poético o xoves 20 de outubro de 19 a 20:00h. Sera en Progreso 41, un espazo que nos parece perfecto pola relación absoluta coa cultura e as artes e a proximidade cos outros emprazamentos do festival,

Sería o comezo dos recitais da VI edición do noso evento, e un comezo de colaboración entre o OBRADOIRO DE TRADUCCIÓN e o Festival Kerouac Vigo.

Tamén contamos con colaboradores que nos axudan a facer posible este Festival. Grazas!

 

 

O noso transporte oficial é RENFE, co que disfrutaredes dun 35% de desconto para poder viaxar ata Vigo e disfrutar do Festival Kerouac. Aquí tedes o documento oficial para poder disfrutar de ese desconto

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.