Cada abril, o Festival Kerouac Vigo cruza o Atlántico, e ten lugar en New York.

 

O evento sempre ten varias sedes, entre elas o Instituto Cervantes NY, Bowery Poetry Club e Casa Galicia. Tamén facemos accións na rúa (Washington Square) e no ferry Manhattan-Brooklyn.

Pretendemos levar a Gran Manzá a arte e poesía que se produce na nosa cidade, ademáis de establecer unha ponte entre institucións e artistas de ambas cidades, traballando para establecer unha comunicación fructífera, unha promoción mutua e unha colaboración continuada que influencie, faga máis rico e potencie aos artistas, poetas e propostas culturais que se facen a ambos lados do charco.

Pero sobre todo, esta acción é unha forma de tratar o mesmo nivel, de igual a igual, a unha cidade como New York.

Vigo e New York, no mesmo paralelo e agora tamén no mesmo verso.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.