Latexo Beat. Editorial Galaxia

A obra recolle poemas, en galego, castelán e inglés, de 64 poetas que ao longo destes anos recitaron no noso Festival.

Este libro atópase dentro da Colección Dombate de EDITORIAL GALAXIA. Unión que nos fai crecer, aprender e tomar máis forza.

 

EDITORIAL GALAXIA é a editorial galega por antonomasia, fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela. Trátase da empresa editorial con máis significado histórico en Galicia, publicando máis de 2000 volúmenes e dispoñendo no seu catálogo de máis de 1000 títulos. O seu director xeral é Francisco Castro Veloso, e o presidente do consello de administración Antón Vidal Andión.

Entre os fundadores da editorial, atopábanse Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e Xaime Isla entre outros, que formaban parte do máis destacado da intelectualidade galega da época. Un dos seus directores foi Carlos Casares, entre 1985 e 2002, escritor o que será adicado neste 2017 o noso Día das Letras Galegas.

A vocación de Galaxia era, e sigue sendo, recuperar para a lingua galega o seu significado histórico e valor cultural. Unha editorial do noso tempo, comprometida co presente e moi activa. Un exemplo a seguir e xoia para as nosas letras.

 

LATEXO BEAT é unha concentración lírica desmitificadora, moderna, onde os versos son ceodós e as rimas, cando as hai, lategazos.

 

Un proxecto enriquecedor e ilusionante, xa que nos parece imprescindible para plasmar o momento que se está a vivir na nosa cidade.

A carón do Festival Kerouac e durante estos últimos anos, creceu unha importante escena de escritores e poetas que van dende os 17 anos ata os sesentaemoitos, unha comunidade diversa e extensa que abarrotan os encontros poéticos que realizamos cada mes e que crece e se consolida coa forza de ver crecer un festival no que cada vez son máis participes.

Agora mesmo hai unha escena poética forte na cidade que pode ser a base para unha nova “Movida”, baseada este vez non na música senón nas artes poéticas. A poesía pode aglutinar un movemento na nosa cidade funcionando como eixo para as demás artes. Se pasou unha vez pode pasar outra e, nese sentido, Vigo está preparada para un novo movemento cultural que volva a poñer a nosa cidade no mapa a nivel estatal coma un exemplo de reinvención e modernidade.

Este libro pretende ser reclamo e dinamo cultural. Cada movemento precisa deste reclamo, e coma a Editorial City Lights con Lawrence Ferlinghetti fixo en San Francisco coa escea Beat, Editorial Galaxia asume este papel de darlle un recoñecemento e asentamento dunha escea, sendo este libro tamén esencial para Vigo.

 

Unha presa de voces congregadas arredor dun chamado, o do Festival Kerouac, que cada ano medra tanto que, agora, xa é libro.

Entre outros, poemas de Olga Cameselle, Antonio García Teijeiro, Brais Nogueira, Carmen Quinteiro, Clara Gayo, David Trashumante, Elisabeth Oliveira, Xurxo Nóvoa, Ibán Marciano, Iria Pinheiro, Juan Carballo, Lois Blanco Araúxo, Lupita Hard, Malvares de Moscoso, Manuel Janeiro, Marcos de la Fuente, Miguel Ángel Alonso Diz, Noelia Toledano, Patty de Frutos, Raquel Pazos, Ruth Oliveira, Samuel L. París, Tamara Andrés…

 

Pódese mercar Latexo Beat nas librerías de Galicia, e por suposto ON LINE, tanto en Amazon coma na propia páxina da Editorial Galaxia, seguindo esta ligazón

 

http://editorialgalaxia.gal/produto/latexo-beat/

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.