Temos a grandísima sorte de contar con patrocinadores e colaboradores que fan posible o noso querido e loitado Festival Kerouac. Dende apoio económico, achegas de material, ceas e comidas para poetas, espazos, material para accións artísticas... sen eles, nada de esto sería posible. Moitas grazas!

Bodegas LODEIROS é un dos nosos colaboradores máis especiais. O seu delicioso Vermut Blanco e Vermello estará presente no Vermut poético. 10 minutos, 10 poetas, máis de hora e media de poesía e LODEIROS. Sen dúbida, os versos soarán máis lindos todavía na compañía deste vermut galego.

Queremos agradecer especialmente ao HOTEL TRES LUCES, o cariño e o trato durante todo o Festival. As e os nosos poetas alóxanse neste cómodo, coidado e céntrico hotel, cunhas condicións especiais e o mais importante, moito agarimo. Grazas!

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.