VI KEROUAC VIGO. Festival Internacional de Poesía e Performance

O festival de performance e poesía, Kerouac Vigo, estase a preparar para sua 6a edición en outubro deste ano. Despois de 5 edicións nas que foi crecendo en tamaño e repercusión, 2016 está sendo o gran ano do noso Festival.

En abril comezamos coa edición en Nova York do Kerouac Vigo, hermanado así esceas, poemas e cidades. Esta edición foi todo un éxito, e seguirá realizándose de forma anual.

Nesta VI edición en Vigo propoñemos un gran salto. Primeiro en días, xa que queremos crecer e chear a cidade de poesía durante catro días completos. Segundo, en linguaxes; poderemos disfrutar de poesía en 8 idiomas distintos. En tercer lugar, faremos unha gran aposta por achegar a poesía a tódolos públicos, con máis accións na rúa, músicos recoñecidos a nivel internacional que agora se achegan a poesía, conversas e mesas redondas, actividades para nenos e recitais en colexios, e un longo etcétera. E por cuarto e último, un cartel de artistas co mellor do panorama nacional, internacional e tamén, coma non, da nosa comunidade e da nosa cidade, que cada vez é mais poética.

 

 

 

Comezaremos o MARTES 18 de outubro de 2016, as 22:30h, con calentamento ou WARM UP nos Multicines Norte de Vigo, coa proxección de ON THE ROAD. Previo a proxección do filme, veremos o video resume da anterior edición do Festival Kerouac Vigo.

 

Os Multicines Norte son un emblema na nosa cidade. O único cine de caracter alternativo do que dispoñemos, sempre arriscando e loitando por traer novas propostas a Vigo.

 

Estaremos xoves, venres, sábado e domingo nos nosos xa míticos espazos MARCO, Museo de Arte contemporanea de Vigo, e La fiesta de los maniquíes.

 

Ademáis, nesta edición engadimos o Urban Market Progreso 41, novo espazo no centro de Vigo. Coma cada ano, teremos acción na rúa, todo detallado no programa que continúa.

Contaremos con máis actividades paralelas e proxectos, coma a acción de Sonia de Viana, o Poemóvil accións de poetas en institutos da cidade, e o noso coñecido Poetry on board.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.