O festival en Galicia

Mais de 100 artistas e poetas de todo o mundo  déronse cita no Festival Internacional de Poesía e Performance  Kerouac en Vigo (Galicia), ao longo das súas 7 edicións.

 

O  Kerouac Vigo é unha cita aberta e cosmopolita que traballa para converter á poesía en tendencia e expoñente cultural da nosa comunidade.

O Festival  Kerouac é o único evento destas características no noroeste peninsular. Unha cita moi especial para ver e escoitar diferentes expresións artísticas de  caracter poético.

 

Nunha cidade que quere ser cada vez máis cidade, pero na que cada día parece que perde importancia a arte e a cultura, un festival como este antóllase indispensable e necesario

 

O festival de  Performance e Poesía,  Kerouac Vigo, prepárase para a súa 8a edición en 2018. Despois de 7 edicións nas que foi crecendo en tamaño e repercusión. En 2017 conseguimos explotar con poesía nos institutos, museos, centros comerciais, ferrys e rúas da cidade, e mesmo editar da man de Editorial Galaxia, unha propia antoloxía do Festival chamada  Latexo  Beat.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.