VII KEROUAC. Festival Internacional

O festival de performance e poesía, Kerouac Vigo, levará a cabo para sua 7a edición en outubro de 2017. Despois de 6 edicións nas que foi crecendo en tamaño e repercusión, 2017 está sendo o gran ano do noso Festival, xa que ademáis de medrar en artistas, espazos e días, lanzamos o libro LATEXO BEAT de poesía, xunto con Editorial Galaxia. Latexo Beat fainos ser un proxecto maior, máis forte e con paso máis firme ao camiñar da man con Galaxia. Ter un soporte en papel e con distribución real fai que a escena xerada o redor do Kerouac se faga visible e real.

 

Nesta VII edición en Vigo propoñemos inundar a cidade de poesía. O festival durará unha semá completa, entre actos de programa oficial e non oficial. Iremos con poetas aos institutos, teremos o noso poemóbil circulando polas rúas da cidade, faremos unha nova iniciativa na rúa Londres chamada "O muro dos poetas"(dirixida por Sherni Kaur) e teremos a exposición da "Poetógrafa" en La Fiesta de los Maniquíes. Faremos unha gran aposta por achegar a poesía a tódolos públicos, con máis accións na rúa, músicos recoñecidos a nivel internacional que agora se achegan a poesía, conversas e mesas redondas, actividades para nenos  e un longo etcétera. 5 escaparates de comercios locais da nosa cidade cheránse de poesía por primeira vez. Por suposto, no noso programa oficial, que se desenrolará no restaurante de El corte Inglés, Instituto Camoes, MARCO, La fiesta de los maniquíes e Progreso 41 Urban Market, temos un cartel de artistas co mellor do panorama nacional, internacional e tamén, coma non, da nosa comunidade e da nosa cidade, que cada vez é mais poética.

 

Comezaremos o MÉRCORES 18 de outubro de 2017, as 19:30h, coa presentación do libro LATEXO BEAT, no restaurante de El Corte Inglés.

 

Con entrada de balde, disfrutaremos dun recital con poetas que participan no propio libro. Ademáis, os poetas colaboradores recibirán os exemplares dos libros e o público tamén poderá mercalos.

Por segundo ano consecutivo, o Obradoiro Internacional de Traducción e Interpretación poética "CON BARQUEIRA E REMADOR" coordinado por Yolanda Castaño, realizará un recital dentro do programa do Festival Kerouac.

 

Será no Casco Vello de Vigo, no Instituto Camões, as 20h. Un recital que promete delicioso, e coa lusofonía coma exe central.

 

As 22h teremos en La Fiesta de los Maniquíes o xa clásico Micro Aberto poético. Esta vez con Lisa Markuson, dende Bowery Poetry NY, coma poeta invitada.

 

A entrada as dúas sedes é de balde.

O venres 20 de Outubro, vos agardamos a todas e todos para destapar O MURO DXS POETAS na rúa Londres (Detrás do museo MARCO). Impulsado por Sherni Kaur, faremos un muro con poemas estampados en azulexos de cerámica. Os versos de 70 poetas estarán incluídos nesta acción.

 

De seguido, as 19h, dará comezo o programa do MARCO, con The Haiku Guys dende NYC, Meraquia, FF Naval, André de Oliveira, Teatro del Palo, Lupita Hard e Jack Varmen.

 

As 22h en La Fiesta de los Maniquíes disfrutaremos dos asturianos Fame Poétika, de Alicia Es Martínez dende Toledo, B-Soul de Madrid e Lágrima (Portugal, no Festival grazas a Língua Nativa)

 

A entrada a MARCO e La Fiesta de los Maniquíes é de 5€ en cada espacio.

O sábado 21 de outubro comezamos cun Obradorio para nenas e nenos impartido por Miguel Ángel Alonso Diz, e chamado XOGUEMOS A POETIZAR.

Despois, Conversa con verso, grazas a Mónica Caldeiro, falando sobre a Xeración Beat.

Será as 19h cando comezaremos co programa do MARCO, con Xan Solo´s, Pólvora, e as nosa cabezas de cartaz MARINA OROZA.

A saída do MARCO, vos agardamos para unha Flashmob na porta do museo. E despois iremos ata La Fiesta de los Maniquíes para continuar con Compostela, Wordnoise, Mónica Caldeiro, Melide (Língua Nativa) e Kólera con Ferdi Jaque.

 

A festa todavía non remata aquí, xa que grazas a JAGERMEISTER festexaremos toda esta poesía con FERMOSELHE DJ en afterparty.

 

A entrada aos actos de MARCO e La Fiesta de los Maniquíes con 5€ por sede. O obradorio para nenxs, flashmob e afterparty son gratuítas.

E para rematar, repetiremos o gran éxito do vermú poético, con entrada de balde en Progreso 41 Urban Market. 10 poetas e 1 performer nos agardan nesta quenda final de poesía.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Culture Lovers S.C.